ATLANTIC BRIDGE – GRAVACIÓN DO NOVO TRABALLO DISCOGRÁFICO


Grabación do novo traballo discográfico de Atlantic Bridge Jazz Band os días 15 e 16 de Agosto do 2018 no Teatro Coliseo Noela da Vila de Noia.
Concerto dentro do programa Noia Jazz Festival 2018. Venres 17 de Agosto ás 23.00.
Concerto no Café Vitruvia de Vigo. Sábado 18 de Agosto ás 21.30.

Corrente do Golfo

Corrente do Golfo é un proxecto que ten como obxectivo dar a coñecer algunhas das causas do desenvolvemento musical creado en Cuba a finais do século XIX e primeira metade do XX, nun intento de axudar a comprender a súa proxección e recoñecemento actual; asi coma a relación que este desenvolvemento musical tivo coas escolas galegas e españolas, que forxaron un magma cultural que hoxe é recoñecido en todo o mundo

      GRAVACIÓNS E PRESENTACIÓNS PÚBLICAS

XXXI Festival Jazz Plaza 2015. Comeza o dúo Conde-Tarín vindo de realizar en formato de cuarteto xunto á batería cubana Yissy García e o contrabaixista cubano Jorge González unha serie de concertos programados dentro do Festival Internacional de Jazz da Habana.

conciertocervantes

O Peruchín Jazz and Tradition convida ó dúo Conde-Tarín a un dos seus concertos programados dentro do citado festival Jazz Plaza 2015.

peruchin

      O Centro Nacional da Música Popular e o Centro de Investigación e Desenvolvemento da Música Cubana conceden o diploma a Alberto Conde en recoñecemento á participación no XI Coloquio Internacional de Jazz do Festival Jazz Plaza da Habana.

diploma

 

Dúo Conde-Tarín / Diana Tarín – voz / Alberto Conde – piano
Música – Alberto Conde, Letra – Amor Herrera.
Realizador Borja Brun – Productora Comunicarte
Grabación musical Pablo Barreiro – Productora de RTVG.

 

jiribilla

    Entrevista en La Jiribilla · Revista Cultural Cubana ·

O jazz cubano segue a ser fonte de creatividade

ver entrevista

 

          CORRENTE DO GOLFO. O NOVO SON DO JAZZ
          O 1-12- 2016realízase un concerto públicogravado en formato audiovisual no Garufa Club da Coruña (Galicia) que supón o primeiro bloque de gravacións previstas para a realización do proxecto

Corrente do Golfo.

corrente

Os días 24 e 25 de maio de 2017 efectúase un segundo capítulo de gravacións de audiovisuais para a produción do proxecto. Rexistráronse referencias no Teatro García Barbón, no Auditorio Martín Codax e en praias e espazos da contorna da cidade de Vigo. Nesta gravación, estiveron implicados un elenco de recoñecidos músicos de diferentes disciplinas, entre solistas, instrumentistas e formacións de prestixio procedentes de Galicia e Cuba. Un total de 40 músicos reuníronse no Teatro G.B. e no Auditorio Martín Codax da Cidade Olívica, nunha produción da productora videográfica Tolemias (Casa de Tolos), con guión e coordinación de Luís Cuntín e producción e dirección musical de Alberto Conde.

vigo voz

Fotos: Voz de Galicia e Faro de Vigo

O mesmo 24 de maio, durante os intervalos entre as gravacións, ofreceuse un concerto no Café Vitruvia da cidade de Vigo, coa colaboración da marca 1906.

vitruvia

Presentación de Corrente do Golfo en Nápoles e Salerno – Italia entre o 26 de Febreiro e o 3 de Marzo. Realizaranse clases maxistrais na especialidade de Interpretación-Jazz no Conservatorio Superior de Música Giusseppe Martucci de Salerno, dentro do programa Erasmus, entre o 26 de Febreiro e o 1 de Marzo de 2018, ambos incluidos, impartidas por Alberto Conde e Kin García, profesores do Conservatorio Superior de Música da Coruña, e pola cantante-vocalista Diana Tarín como invitada na especialidade de jazz afrocubano.

Concertos “Gal-Italia Corriente del Golfo” – Quinteto:

  • Xoves 1 de Marzo no Blue Around Midnight Jazz Club de Nápoles.
  • Venres 2 de Marzo no Pub Il Moro de Salerno.

ilmoro
Salerno_o

Página oficial de Alberto Conde