Category Archives: NOTICIAS

iberianrootstrio2

XIRA EN LISBOA E GRAVACIÓN DO DISCO THE WAKE OF AN ARTIST HOMENAXE A BERNARDO SASSETTI

Entre o 24 e o 28 de novembro de 2017, o Alberto Conde Iberian Roots trío realizou dous concertos e o rexistro sonoro disco The Wake of an Artist – Homenaxe a Bernardo Sassetti, 5 anos logo da súa morte.

Datas:

24 – concerto no Braço da Prata – Lisboa.

26 – concerto na SMUP – Parede.

27 e 28 – gravación do disco no estudo Namouche de Lisboa.

Crítica do concerto da SMUP en Parede-Lisboa

IBERIAN ROOTS TRÍO

Nova formación musical liderada polo pianista e compositor Galego Alberto Conde coa colaboración do baixista Portugués Carlos Barretto e do baterista luso Alexandre Fraçao, que afonda na interpretación de novas composicións do repertorio do jazz Ibérico con obras de Pablo Beltrán, José Valente, do propio Alberto Conde e de Bernardo Sassetti, recoñecido pianista e compositor Portugués falecido hai 5 anos, ó cal renden homenaxe.

O trío ven de actuar o 14 de xuño de 2017 nun primeiro encontro musical na cidade de Vigo, nun concerto no Café Vitruvia para dar continuidade ó proxecto coa gravación dun rexistro discográfico en Lisboa o 27 e 28 de novembro de 2017.

iberian3

iberian1 iberian2