Todolos artigos de: albertocondewp

ALBERTO CONDE – DIANA TARÍN PROXECTO

Trátase dun proxecto que alía á cantante cubana Diana Tarín e mais ao pianista e compositor galego Alberto Conde, e no que o Jazz serve de catalizador dunha chea de acentos e pulos que abrollan do alento primeiro da personalidade destes dous artistas, de xeito que se deitan nunha música universal a poder de ter fondas raíces.

OBXECTIVOS

O motivo que guía esta iniciativa é o de crear unha nova ponte musical entre a América Latina e a Península Ibérica, actualizando os lazos afectivos entre Galicia e Cuba, tocando ao tempo os portos musicais de tradicións próximas, por irmás e igualmente mestizas: outras terras da América do Sur, nomeadamente Brasil, e, como non!, desta beira do mar e moi preto do corazón, Portugal.

A fusión faise sobre un formato clásico, por caracteristicamente jazzístico, pero absolutamente novo e de vangarda polo seu atrevemento e os seus ingredientes, pola inclusión das voces de poetas do ámbito cultural de referencia antes non musicados.

É pois que Alberto dirixe este proxecto que achega obras de nova creación, incorporando aqueles textos, pensadas para a voz e o estilo de Diana.

Concrétase así unha iniciativa artística que encontra en Galicia, na súa condición atlántica e emigrante, no seu vínculo cultural con Cuba, o solo fértil para xermolar.

O resultado non é, por tanto, unha fusión artificiosa e forzada, como infelizmente é tan común nestes tempos, senón unha auténtica mestizaxe, como acae ao Jazz mesmo, “lingua franca” musical en que se trenzan aquelas raíces das que falabamos ao empezo.

OS PROTAGONISTAS

Alberto Conde, fillo de emigrantes, criado en Venezuela, descobre a música no folclore daquel país de acollida. De volta entre nós será un dos destacados pioneiros do Jazz na Galicia dos primeiros anos 80 do século pasado, ao tempo que se acredita como un intérprete notable de música clásica –e nun instrumento tan consubstancial á música ibérica e iberoamericana como a guitarra-. De entón, na súa tripla faceta de formador, compositor e pianista, é unha figura clave do Jazz en España. A súa contribución principal vén sendo precisamente a de enxertar na árbore do Jazz a pola da nosa música tradicional, liña na que sementou xa un importante e extenso legado. Engádese a iso unha traxectoria recoñecida como intérprete na corrente principal do xénero en fórmulas que o emparellan con figuras internacionais; a participación en proxectos jazzísticos de acento ibérico; hai un ano unha obra, outra volta de fusión, agora coa música académica, por máis que de inspiración popular, dun compositor iberoamericano tan emblemático como o brasileiro Heitor Villalobos, e esta mesma primavera pasada, como último froito aínda dándose a coñecer, “Human Evolution Project” unha fusión coa música do Indostán chamada a ter unha repercusión histórica no Jazz internacional e nas chamadas “Músicas do mundo”, co concurso, como sempre, da tradición galega e hispana, liderando un elenco de músicos de primeira fila da India, de Portugal e do país.

E xustamente é pola colaboración de Diana Tarín nesa viaxe artística que o seu camiño se cruza co de Alberto Conde suscitando este novo proxecto. Cantante e pianista afrocubana, e ao tempo con devanceiros lugueses, resume na súa propia persoa a riqueza da cultura musical de Cuba. Filla e neta de recoñecidos músicos daquela illa, con apenas 17 anos xa integraba a nómina de diferentes agrupacións femininas coas que viaxou por diferentes países, principalmente europeos, como vocalista, pianista e intérprete de percusión. Chegada a España como integrante dunha agrupación de música tradicional, quedou en Galicia, graduándose finalmente como pianista en Vigo, mentres colabora en diferentes gravacións musicais, varias delas de alcance internacional, e exerce como docente. Artista versátil, o seu universo estilístico é ben longo e abrangue con familiaridade e xeito desde a tradición cubana ao Jazz, pasando polo Bossa Nova, o Funky, o Soul e mesmo o Góspel.

REFERENCIAS DE CURRÍCLA

Alberto Conde: www.albertoconde.com

Diana Tarín: www.comunicartegalicia.blogspot.com/2014/01/mestizo-de-diana-tarin.html

CONTACTO

Si quiere contactar con nosotros rellene el siguiente formulario o bien pongase en contacto a través del número ………..

Pianista, compositor, arreglista e productor galego.

 

BIOGRAFÍA REDUCIDA

  • Graduado en guitarra clásica polo CPM de Ourense-Galicia (España).
  • Certificado de recoñecemento na especialidade de jazz e música moderna pola San Diego School of Performing Music – CA-USA do trombonista norteamericano Hal Crook.
  • Fundador da Escuela Baio Ensamble de Vigo.
  • Artista galardonado nos festivais de Jazz de San Sebastián (Euskadi), Festival Intercéltico de Lorient (Francia), pola crítica de RNE, televisión e prensa nacional. O seu disco Andaina foi seleccionado pola revista alemana CD-Kritik entre os tres mellores discos de pianistas no 2007, incluindo a pianistas de todo o mundo. O programa Diálogos 3 de RNE nomeao precursor da “Muiñeira Jazz”, ou o que é o mesmo o precursor da mestizaxe entre a Música Tradicional de Galicia co Jazz. A revista jazz.pt de Portugal considérao como unha das figuras máis importantes do jazz español e galego.
  • 11 discos gravados. O primeiro producido por RNE e os 8 restantes de produción propia para diferentes selos nacionais e internacionais.
  • 12 discos en colaboración con diferentes artistas e selos.
  • Múltiples concertos en diferentes festivais de prestixio internacional.
  • Catedrático de piano jazz, composición e arranxos en el CSMus de A Coruña – Galicia.

A SÚA MÚSICA

O seu estilo creativo caracterízase polo mestizaje de distintos xéneros de world music co jazz, entre os que podemos nomear a jota, bulería, rumba, pateado, giga, cantigas medievais, vals-venezolano, vals-modinha, choros brasileiros, pandeirada-afro, alalá-blues, raga, etc., dando como resultado un son enmarcado na corrente World-Jazz de orixe ibérico. A realización de traballos discográficos, caracterizados por manter unha liña programática, as súas orixes na guitarra clásica, a súa profunda investigación no jazz e a súa directa relación coa música tradicional e popular, convírteno nun músico con voz propia, considerado pola crítica especializada de RNE como o precursor da “Muiñeira-Jazz”.

BIOGRAFÍA

Comeza os seus estudos musicais no Conservatorio de Ourense – España, onde se gradúa en guitarra clásica baixo os ensinos do mestre Tomás Camacho e enseguida participa en diferentes concertos organizados pola Asociación Guitarrística Galega de Vigo entre os anos 1978-80.

Acode aos históricos seminarios de Jazz de Banyoles – Girona (1980-81) organizados polo Taller de Músicos, con mestres norteamericanos de gran recoñecemento e prestixio internacional: Thad Jones, Chuck Israels, Hal Crook, Steve Brown, Jim McNeely, Ben Riley, Bill Dobbins, Sal Nistico, Claudio Roditi, músicos que o introducen no mundo do jazz e dos que aprende a verdadeira filosofía sobre esta música.

No ano 1981 estuda no Taller de Musics de Barcelona con Mario Lecaros e imparte clases de guitarra clásica na devandita escola.

Uns meses máis tarde, trasládase a California – USA para cursar estudos de harmonía, improvisación e arreglos co mestre e trombonista norteamericano Hal Crook, do cal recibe o recoñecemento e a metodoloxía para fundar no ano 1983 a Baio Ensamble en Vigo – España, recoñecida como a primeira escola de jazz de Galicia.

Carta de recomendación de Hal Crook – 1982

 

Entre os anos 1982 e 84 forma dúo de guitarra co guitarrista Elías Quiroga e o Cuarteto da Baio co guitarrista Cuchus Pimentel actuando en diversos festivais, destacando os organizados por Xuventudes Musicais de Vigo.

A partir do ano 1985 dedica o seu estudo ao piano e será con este instrumento co que desenvolve a súa futura carreira profesional centrada entre os anos 1985 e 86 nos acontecementos que se producen en torno á Escola Baio Ensamble.

Neste mesmo ano (1985) participa no I Seminario de Jazz de Galicia celebrado en Poio – Pontevedra, organizado polo Taller de Músicos de Madrid e dirixido polo mestre e guitarrista norteamericano Steve Brown, asistindo a clases con Bill Dobbins e o propio Steve Brown.

No ano 1987 e durante 3 anos, é contratado para impartir clases de jazz no Conservatorio de Santiago de Compostela, disciplina que alterna con actuacións e grabaciones co grupo Noroeste á vez que traballa como director musical e arreglista da Orquesta Os Satélites da Coruña.

No ano 1990 retoma a Escola Baio Ensamble alternando o ensino coa interpretación do jazz, ofrecendo concertos, jam sesions e gravacións discográficas.

En 1993 retoma os seus estudos de harmonía clásica e barroca co mestre Pablo Beltrán, coincidindo cun encargo do arpista e cantautor galego Emilio Cao, para o que adapta música do propio cantautor para a Orquesta Clásica de Madrid dentro do programa Xacobeo 93.

Entre os anos 1996 e 2000 grava dous discos pioneiros na mestura da música popular galega co jazz e a música sinfónica, dos cales acúñase o término “Muiñeira Jazz”, asinado polo director do programa Diálogos 3 de RNE, Ramón Trecet.

Este proxecto servirá de preludio para a creación do Alberto Conde Trío co contrabaixista Baldo Martínez e o baterista-percusionista Nirankhar Khalsa, co que traballa durante os próximos 7 anos producindo e gravando dous novos discos para o selo Nuba – Karonte Records e a participación no disco Flamenco Jazz, de gran éxito internacional.

No ano 2002 estrea a súa ópera prima, Sons de Bitácora.

No ano 2007 gaña a praza de profesor de piano jazz no Conservatorio Superior de Música da Coruña, no que exerce na actualidade coma catedrático da especialidade.

No 2009 o guitarrista norteamericano Steve Brown invítalle a colaborar na produción e gravación dun novo álbume en formación de sexteto baixo o título Atlantic Bridge, disco gravado en New York e rexistrado polos selos Karonte (España) e Brown Cats (USA). Ao tempo, e baixo a dirección do propio Steve Brown, imparte master class e work-shops nas prestixiosas Ithaca College e Cornell University de New York.

No 2012 produce e grava un novo álbum baixo o título Vila-Lobos a new way coa soprano Carmen Durán e o Atlantic Trío (base do grupo Atlantic Bridge, formado polo contrabaixista Kin García, o batería Miguel Cabana e o propio Alberto Conde) con textos do poeta e musicólogo JR Bustamante, que revisa e adapta ao jazz, desde unha estética clásica, a obra do compositor brasileiro Heitor Vila-Lobos. Disco editado en 2013 por Karonte Records e presentado e editado co patrocinio da Xunta de Galicia.

En 2014 produce, grava e estrea no X Festival Imaxina Sons de Vigo, un novo proxecto discográfico co título Human Evolution Music Proyect, disco que revisa programaticamente a evolución humana e que resulta do mestizaxe do Jazz Ibérico coa Música Clásica India, sendo pionero no diálogo interactivo do piano co sitar. O disco é editado polo selo Jazz Records de Coímbra – Portugal.

 

bio-ac2

En decembro de 2015 comeza co desenvolvemento dun novo traballo de creación artística coa cantante cubana Diana Tarín presentado no XXXI Festival Internacional Jazz Plaza da Habana que a prol do tempo convertirase no proxecto audio-visual “Corrente do Golfo”.

 No ano 2017 realiza unha serie de concertos en Lisboa co Iberian Roots trio coa finalidade de gravar un novo disco homenaxe o pianista luso Bernardo Sassetti. O disco será editado polo selo Clean Feed en 2019 baixo o título “ The Wake of an Artist – Tribute to Bernardo Sassetti” presentado a seguir no Hot Clube de Lisboa, nos Encontros Internacionais de Jazz de Coimbra 2019 e na Fundación Camoes de Vigo, entre outros escenarios.

 No ano 2018 graba o 2º disco do grupo Atlantic Bridge no Teatro Noela de Noia coincidindo coa presentación do novo proxecto no Festival da Vila de Noia dese mesmo ano.

 No ano 2019 desenvolve xunto ó académico da Real Academia da Lingua Galega, Afonso Vázquez Monxardín e ó historiador e escritor galego Luís Cuntín Docampo, o proxecto “Jazzliza – A nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe: De Alfonso X a Xela Arias”; traballo de composición e arranxos de 11 obras baseadas na historia da poesía galega, compostas orixinalmente en formato orquestral para a C.S.M. Bigband por alumnos do departamento de jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña coa colaboración do compositor Pablo Beltrán. Obra estreada baixo a dirección de Alberto Conde o 6/6/2021 no Teatro Colón da Coruña baixo a producción do Concello e Diputación da Coruña e a colaboración do departamento de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia.

 No ano 2020 recibe un encargo do Patronato García Lorca para a creación musical sobre textos do poeta universal de Granada, obra que será interpretada e retransmitida en directo dende o Parque Federico García Lorca de Alfacar – Granada o 18/8/2020 para conmemorar o 84 Aniversario da morte do poeta e de tódalas víctimas da guerra civil española.

 No ano 2021 produce xunto ó baixista e compositor Kin García o disco “Portus Apostoli” do Atlantic Bridge Jazz Project co patrocinio do Concello de Noia e a colaboración da Xunta de Galicia, presentando o devandito disco no 44 Festival de Jazz de Vitoria – Gasteiz.

No ano 2022 presenta o disco Portus Apostoli co Atlantic Bridge Jazz Project no II Festival Jazz – Class de Vigo, organizado e patrocinado por Vitruvia Café e Concello de Vigo.

PREMIOS

      • 1986 – 2º premio no XXI Festival de Jazz de San Sebastián, dentro do Primeiro Certame Internacional celebrado na Praza da Trinidad coa Baio Ensamble.
      • 1986 – Finalista na primeira Mostra Nacional de Jazz para novas intérpretes celebrada en Mallorca e organizada polo INJUVE coa Baio Ensamble.
      • 1987 – Finalista no Primeiro Concurso Internacional de Composición para Orquesta de Jazz Contemporáneo, Fundación Plató -SGAE celebrado en Madrid.
      • 1990 – Primeiro premio da crítica de RNE como director musical, compositor e arreglista do disco (LP) 50 Aniversario da Orquesta Os Satélites da Coruña, editado por Fonomusic.
      • 1997 – Premio grupo revelación no Festival Intercéltico de Lorient – Francia co Alberto Conde grupo, coincidindo coa presentación do disco A Lagoa dos Atlantes.
      • 1997 – Premio Novas Músicas no programa Luar da TVG e mellor disco galego de vanguardia pola Lagoa dous Atlantes nos xornais Faro de Vigo e Ideal Galego.

        MEDIOS

        Gravou en programas de TVE como Jazz entre amigos, A Boa Música Só Jazz, RTP2 Esectv, diferentes programas de RNE, RTVG, Radio Nacional de Portugal, Francia, Italia, radios norteamericanas, etc.

        FESTIVALES

        Ao longo da súa carreira participou en diferentes Festivais de Jazz e novas músicas como:

      • Festival de Jazz de Murcia 1984
      • Festival de Jazz de San Sebastián 1986 (2º premio no primeiro concurso internacional con Baio Ensemble)
      • Mostra Nacional Jazz Mallorca 1986
      • Festival Intercéltico de Lorient, 1997
      • Festival de Música e Danza de Granada 2002
      • Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra 2003
      • Mostra Nacional Jazz Salamanca 2004
      • Jazz ao Centro Coimbra 2005 (Portugal)
      • Ressons jazz 2005 (Espai de Barcelona)
      • Festival Internacional de Jazz de San Javier 2005
      • Festival Imaxina Sons 2006 (Vigo)
      • II Ciclo 1906 (Estrela de Galicia) 2009
      • Festival Imaxina Sons 2010 (Vigo)
      • Universijazz Alcalá de Henares, Guadalajara e Torrejón 2010
      • Odio L’Estate, Festival Vila Carpegna (Roma) 2010
      • XVI CICLO DE JAZZ BARRIÉ DA MAZA 2011
      • X Festival Imaxina Sons 2014 (Vigo), entre outros.
      • XI Festival Imaxina Sons 2015 con la Orquesta de Jazz de Galicia.
      • XXIV Jazz no Parque – Serralves 2015 – Oporto.
      • III Festival IKFEM 2015 – Tui – Valença.
      • XXXI Festival Internacional Jazz Plaza – 2015 La Habana.
      • Festival Piano City de Nápoles 2019 – Concerto Principal – Antisala del Maschio Angioino
      • Encontros Internacionais de Jazz de Coimbra – Portugal 2019
      • 84 Homenaxe a Federico García Lorca e todas as víctimas da guerra civil española, Alfacar – Granada 2020
      • 44 Festival de Jazz de Vitoria – Gasteiz 2021
      • 2º Festival Jazz – Class de Vigo 2022

COLABORACIÓNS

Tocou con músicos da talla de Kenny Wheleer, Roy Hargroove, Hal Crook, Steve Brown, John Stowell, Jorge Pardo, Scott Hamilton, Walter White, Rosario Giuliani, Carlos Barretto, Alexandre Frazão, Baldo Martínez, Nirankar Khalsa, Cuchus Pimentel, Shakir Khan, Vikas Triphati, Kin García, Giovanni Amato, Giulio Martino, Giampiero Virtuoso, Miguel Cabana, Yissy García, Rodolfo Argudín “Peruchín”, Roberto Somoza, Diana Tarín, José Valente entre moitos outros.

No campo do ensino, pasaron polas súas aulas músicos da talla de Miguel Ogando, Carlos Barruso, Kin García, Carlos Rodgarman, Carlos Calviño, Paco Charlín, Santi Quintans, Guillerme Fernández, Xosé Miguelez, Lucía Martínez, Jacobo de Miguel, Gabriel Peso, Iago Mouriño, Alfredo Susavila, entre moitos outros.

PROXECTOS ORQUESTALES E PRODUCIÓNS ARTÍSTICAS

  • No ano 2002 estrea Sons de Bitácora (concerto sinfónico para guitarra e orquesta), interpretado polo guitarrista Tomás Camacho e a Moza Orquesta Sinfónica de Viana do Castelo (Portugal) baixo a dirección de Miguel do Castelo. O estreo conta con tres concertos baixo o patrocinio da Xunta de Galicia que recoñecendo o seu éxito, outórgalle catro concertos máis.
  • No 2005 estrea Entremares e Orquesta (concerto para trío de jazz e big band), presentado no Primeiro Certame do Festival Iberojazz polo Alberto Conde Trío e a Big Band da Diputación de Ourense baixo a dirección de Pablo Beltrán, co-arreglista xunto ao propio Alberto da partitura orquestal. Parte do concerto vólvese a presentar en 2010 no Festival Odio L’Estate de Roma, coa Sant Louis Big Band de devandita cidade baixo a dirección de Antonio Solimene.
  • Crea e dirixe o Festival Iberojazz entre o 2005 e 2011, que organiza e patrocina o Concello da Coruña e que propón unha filosofía sobre a presentación dos novos valores do jazz da Península Ibérica con especial atención a Galicia, unha mostra sobre os novos proxectos máis destacables feitos en España e Portugal, e un programa de intercambios con diferentes Conservatorios e Escolas Superiores de Música Nacionais e Internacionais.
  • Dirixe a produción musical do CD Jazz Volume III – Conservatorio Superior de Música dá Coruña – Departamento de Jazz Gravado no CSM Coruña o 17/4/2009 polo Servizo de Produción dá Radio Galega, actuando como técnico de grabación e mesturas Pablo Barreiro.
  • No 2011 produce e dirixe, co patrocinio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o Dvd correspondente ao espectáculo Galitalia Jazz Meeting enmarcado dentro do programa Iberojazz 2011, no que se realiza unha mostra de novas creacións para big band creadas por músicos que conforman a Primeira Promoción de Titulados de Jazz de Galicia, xunto a obras de recoñecidos compositores e arreglistas italianos, actuando como solista o saxofonista italiano Rosario Giuliani e dirixindo a Bigband do CSM da Coruña como director titular Kin García e como director invitado Antonio Solimene.
  • No ano 2014 forma parte da produción e idea orixinal do espectáculo Diálogos Sinfónicos co Jazz, para orquesta sinfónica e trío de jazz, no que se recrea unha nova lectura de famosas pezas do repertorio clásico-romántico orquestal con trío de jazz, enmarcado dentro das actividades que organiza anualmente o CSM da Coruña.
  • No ano 2015 colabora como pianista invitado da Orquestra de Jazz de Galicia na gravación do disco FAME e na presentación do Cd, dentro do XI Festival Imaxina Sons de Vigo.
  • Participa como invitado no XI Coloquio Internacional de Jazz adicado á Rede en Defensa da Humanidad, celebrado no Salón Mayo – Pabellón de Cuba os días 17 e 18 de decembro de 2015, dentro do Festival Internacional Jazz Plaza da Habana.
  • Dirixe a Big Band do CSM – Coruña entre os anos 2018 e 2021, destacando entre outras, a gravación en directo o 6 de maio de 2021 no Teatro Colón da Coruña e produción no ano 2022 do dvd en directo do espectáculo “Jazzliza de Afonso X a Xela Arias”, coa colaboración da Xunta de Galicia, concello da Coruña e CSMus da Coruña.

Diploma acreditativo

Programa do XI Coloquio Internacional de Jazz 17-12-15 La Habana

Fotos do coloquio